Vouvos a contar unha lenda que lei hai pouco :
" O tesoro da illa de Ons "
O veciño de 75 anos Xosé Lopéz García contoume que, estando de soldado na África, soubo que un mariñeiro da Arousa escoitou a un mouro falar de tesouros; achegouse a el e o mouro díxolle en segredo que na illa de Ons había unha fonte chea de caracoliños de ouro. Cando voltou cumprido, o mariñeiro aproveitou unha mañá que voltaba de pescar para facer recalada na illa e procurou a fonte. Encontrouna no lugar mesmo que o mouro dixera. Entón foi á Arousa, fretou unha dorna ben cumprida e de noite voltou para enchela de caracoliños: colleunos a mangados e íalles soprando un por un, e encheu a dorna de ouro facendose millomário.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¡¡Aquí sois libres de opinar!!
Siempre con respeto, por supuesto!